Habitacións
Algunhas das habitaciónsHotel Semáforo Bares
Santa María de Bares, Mañón - A Coruña.
O Semáforo de Bares atopa ao norte de Galicia na denominada Bisbarra do Ortegal, posiblemente unha das zonas costeiras máis virxes da península ibérica, situado na parroquia de Santa María de Bares do Concello de Mañón é unha antiga construción militar, a función da cal era a finais do século XIX, a comunicación cos barcos mediante
sinais con bandeiras, posto de observación militar e centro meteorolóxico. Está situado moi preto do Cabo e do Faro de Estaca de Bares nunha elevación superior a este de 210 m. sobre o nivel do mar xusto á entrada da ría do Barqueiro. Estivo en uso ata finais da década dos anos 1.960.
A finais dos 1.990 e principios do século actual foi rehabilitado, converténdose nun coqueto "Hotel de Natureza" onde se combina a pedra coa madeira en todas as dependencias do Hotel e a natureza viva en todo o seu contorno e o que alcanza a vista. Foi inaugurado o 15 de agosto de 2.002.
O noso Hotel está deseñado para relaxarse, po lo tanto, só admitimos reservas para adultos.