O hotel

Hotel Semáforo de Bares - O Hotel

O hotel ficará pechado na segunda quincena de febreiro e máis na segunda quincena de outubro

O Hotel conta con dous edificios.

O "Edificio Principal" onde están o "cuarto suite" e dous "cuartos abuhardillados", un salón con cheminea de uso común para os tres cuartos así como a cociña, comedor e bar onde se sitúa a recepción.

O "Edificio da galería", que dispón na planta superior de dous cuartos, unha "estándar" e outra "estándar superior", na planta inferior hai un "cuarto adaptado". Estes tres cuartos comparten unha sala común con cheminea na galería. É un edificio ideal para alugar por dúas parellas ou unha familia.

Os edificios están situados dentro dunha ampla zona axardinada.

No hotel non se admiten animais de compañía.

Servizos e instalacións
Aloxamento: 6 Cuartos
Comedor: 24 prazas
Bar Cafetaría
TV / Satélite
Terraza de verán
Lavado e pasada de roupa
 

COMEDOR

Comedor

O comedor no edificio principal, dispón de 24 prazas, a nosa preocupación é acertar sempre no mellor servizo ao cliente, a calidade do produto, a elaboración ao instante e os complementos. O servizo e a elaboración esta a cargo de profesionais en continua avaliación por parte dos clientes que nos honran coa súa visita.

O comedor funciona "á carta" unicamente durante os períodos comprendidos entre o 1 de Xullo ata o 30 de Setembro, así como en Semana Santa e na Ponte da Constitución. O resto do ano o comedor está pechado de luns a venres, agás para cliente aloxados, para o público en xeral está aberto os sábados e domingos cun menú de 18 €

Durante as datas de "tempada alta", para as ceas, sempre terán preferencia os clientes aloxados por causa das poucas prazas dispoñibles, polo tanto se Ud. non se aloxa no hotel e desexa cear en tempada alta, terá que reservar mesa chamando ao teléfono móbil 699 943 584.

Horarios de comedor
Temp. alta Temp. baixa
13:30 a 16:00
20:30 a 22:30
13:30 a 16:00
20:30 a 22:00

Se desexa pedir marisco, pregámoslle nos avise con tres días de antelación.

 

Actividades polo ámbito

Actividades

As actividades que se poden realizar con base no Hotel son todas relacionadas coa natureza, ocupando o primeiro lugar o senderismo, podendo realizarse ademais excursións por toda a bisbarra do Ortegal, Santo Andrés de Teixido, norte da provincia de Lugo, así como piragüismo, quads, hípica, excursións marítimas, etc. Estas actividades realízanse mediante concerto previo en colaboración con empresa especializada da zona, de todo iso se lles dará información e aconsellará os clientes que o demanden.

Actividades